quinta-feira, 28 de novembro de 2013

Unha lectura de Tic-Tac por Antía Sampedro (1º Bach-B, IES Félix Muriel)


Tic-Tac é unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu nalgunha entrevista cos epítetos ”perturbadora”, “patética” e "sinistra". Supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. Trátase dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Tic-Tac é un “grande puzle”, formado polas narracións orais ou escritas de Nano, ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais… Tic-Tac é unha corrosiva obra moral que, entre a dozura cómica e a acedume tráxica, reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “Realidade”, senón unha “realidade”: a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra. Nano fala e fala. O que nos conta, con palabras torpes e frases áxiles, fainos rir, pero resulta tremendamente serio e triste. Por iso Tic-Tac é libro estraño como o delirio dun idiota, ousado e implacable, desesperado e sincero... e inútil. Múltiples historias,múltiples personaxes, multiples linguaxes... Un mundo fragmentado, caótico e roto pero cunha trama subterránea pechada e fatal como a dunha traxedia.

Sem comentários:

Enviar um comentário